¿Quen poderá salvarme
se fun ferido de amor
por mirada letal...?
¿Estes poemas de aluvión...?
¿Estes versos escritos a puñazos...?
¿Desde cando as balas recitan poesías...?
¿Quen podería salvarme...?
Por amar a quen non te ama,
sen saber o por qué desa montaña,
--¡e vaia panorama ofreces do campo de batalla!--
víctima propiciatoria para a anestesia,
clip para unha rosa en panos menores
(e perdón pola frivolidade).